sábado, 31 de mayo de 2014

FORZA DEPOR


HOXE E O DÍA DO ASCENSO DO DEPOR.....E PRESUMO DE SER A MELLOR AFICIÓN DO MUNDO: SEMPRE DEPOR...!!!

sábado, 17 de mayo de 2014

O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2014, ADICADO AO ESCRITOR XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO.

Nacido en Guitiríz fillo de labregos desarrollou unha gran labore polo literatura: Traducción e Poesía.

PENÉLOPE
Un paso adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza
aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mól como unha uva.
Pro ti envóveste en sabas de mil anos
i en sonos volves escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

lunes, 12 de mayo de 2014

FAI 38 ANOS DA TRAXEDIA DO URQUIOLA.

HOXE FAI 38 ANOS.
CATÁSTROFE DO URQUIOLA MAIO DE 1976.
O 12 de maio, o petroleiro "Urquiola" de 276,54 metros de eslora e 111.225 t.p.m. construído tan só tres anos antes da traxedia, en 1973. Páx. rocedente de Arabia Saudí cun cargamento de 107.678 tn. de Arabian Light e Arabian Médium, máis o combustible propio unhas 5.000 tn., posto que repuxera en Canarias, embarrancou na canle de entrada ao porto da Coruña (NON de España). Aproximadamente unhas ¾ partes do cru arderon tras a explosión inicial e durante 2 días, entre os días 21 e 27 de Maio o buque de salvamento holandés " Smit Lloyd 106" transvasou ao petroleiro " Camporraso " preto de 7.700 tn. e 20.000 tn. de cru foron derramadas ao mar, que produciron graves danos ás costas das rías de Ferrol, Ares e A Coruña.

sábado, 10 de mayo de 2014

A Torre de Hércules.


A Torre de Hércules nocturna.

domingo, 4 de mayo de 2014

FELIZ DÍA DA NAI.

A miña nai e a todas nais do mundo FELIZ DÍA.....En xeral, as nais e as amas de casa son os únicos traballadores que nunca teñen días libres. As nais compoñen unha clase a parte. Unha clase sen dereito a vacacións.

jueves, 1 de mayo de 2014

Día do traballo.

Parabéns a todos os traballadores en estos tempos difíciles