Malpica de Bergantiños. |
Malpica de Bergantiños. |
Malpica de Bergantiños. |
Porto de Malpica. |
Posando no porto. |
Malpica. |
Malpica de Bergantiños. |
Malpica de Bergantiños. |
Malpica de Bergantiños. |
Malpica de Bergantiños. |
Malpica de Bergantiños. |
Malpica de Bergantiños. |
MALPICA DE BERGANTIÑOS. (38 fotos)
ResponderEliminarMALPICA POBO MARIÑEIRO DE XENTES MOI AMABLE SITUADO NA COSTA DA MORTE.
No municipio de Malpica, na parroquia de Cerqueda, aparecen restos históricos como o dólmen de Pedra dá Arca. No século XIII pertence ao Arcebispo Compostelán. Durante esa época xorden varias loitas entre nobres que fai que a vila pase ás mans do Conde Monterrei no século XIV.
Dende o Século XVII tense constancia do vínculo de Malpica co mar. Coa chegada dos empresarios cataláns, esta industria pesqueira modernízase, pasando a ser o porto máis importante de Galicia en captura de cetáceos. Instálase a Axudantía de Mariña que permanecerá aberta ata o seu traslado a Puenteceso en 1895.
Esta riqueza pesqueira provoca o crecemento da vila que vai configurándose ao abeiro da Atalaia que a cobre dos fortes ventos existentes na zona.
A pesca das baleas entro en declive e as xentes do mar buscaron outras artes, mares e especies para levar a pesca ao porto e o pan á súa casa. Dende aqueles anos ata a actualidade, os homes saen a faenar e as mulleres esperan impacientes no porto a chegada dos barcos. A partir dese momento, elas son as encargadas de comerciar as especies capturadas.
Na actualidade, Malpica conta cunha numerosa frota de pesqueiros e un porto dotado dos mellores servizos. A comodidade do pobo, co porto e a praia de bandeira azul moi próximos, e a amabilidade das súas xentes convertérona nun interesante destino turístico